jueves, 28 de mayo de 2009

Musica de Camara ♫

MÚSICA DE CÁMARA (4ºESO)

1.A que lle chamamos música de cámara e por que cres que se chama así?
É aquela música de tipo doméstico que non está destinada para ser interpretada no teatro, na igrexia e nos concertos públicos. Na actualidade, cando falamos de música de cámara, estámonos a referir á execución dunha peza por un conxunto pouco numeroso de instrumentos, que interpreta cada un unha parte diferente. Chámase así porque estas pezas adóitanse interpretar nunha sala de reducidas dimensións.
2.Escribe un exemplo de trío, cuarteto de corda, cuarteto de vento, quinteto de vento e quinteto de corda.
Trío: Violín, viola, violoncello.
Cuarteto de corda: Dous violíns, viola, violoncello.
Cuarteto de vento: Frauta, óboe, clarinete, fagot.
Quinteto de vento: Frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa.
Quinteto de corda: Dous violíns, viola, violoncello, contrabaixo.
3.Que compositor do período clásico foi fundamental na evolución do cuarteto de corda?
Haydn.
4.Explica o xénero sonata, sinalando en que época nace, un compositor e os tipos segundo a función. Este termo utilizouse para designar unha obra independente divida en varios movementos, nace no último tercio do século XVIII e século XIX.
O compositor italiano A. Corelli.
Tipos:
*a sonata de chiesa: interpretábase nas igrexas nos intervalos de silencio da misa e constaba de catro movementos breves (preludio lento a estilo imitativo, o segundo unha fuga en tempo rápido, o terceiro en estilo homofónico e o cuarto adoitaba semellarse a unha xiga en tempo rápido e estilo fuga).

*sonata de cámara: tocabase nas pequenas estancias ou camaras palacianas e relacionabase coa agrupacion de varias danzas. Os movementos etran normalmente unb preludio e tres danzas.


5.A que nos referimos co termo “forma sonata”. Explícaa.
Fai referencia a un estilo de composiciço que consta de tres seccion:
exposicion, desenvolvemento e reexposicion.

No hay comentarios: